Lois Pereiro nació en Monforte de Lemos en 1958 y murió en A Coruña en 1996. En vida sólo publicó Poemas 1981/1991 y Poesía última de amor e enfermidade (1995). Su obra figura en antologías como De amor e desamor (I y II) y en las revistas Loia y Luzes de Galicia. Defensor impenitente de la contracultura, este poeta, considerado por muchos como un outsider. Dejó una novela inacabada Náufragos do paradiso, rescatada por Galaxia; un diario epistolar a su amor siamés, Piedad Cabo, que tomaría la forma de una Conversa ultramarina (Positivas); y estrofas en revistas y fanzines como Dorna y Loia, que dio título a Poemas para unha Loia, publicado en el primer aniversario de su pasamiento y traducido ahora al inglés (Collected Poems, Small Station Press) y al castellano (Obra completa, Libros del Silencio).
Por ti sobrevivir coa forza necesaria para erixirme en sombra do que fun Sen ti ser eu de novo orfo doutro destino resignado a ser eco da túa ausencia vida e morte en desfile intermitente Humildemente ser nada por ti unha figura fuxidía na sombra da mesma materia que os nosos soños co esprito intoxicado de nostalxia .
Acróstico
Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de mín que me sobrevivise
sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio
só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais do amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna
sustituendo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen insistencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia
Breve encontro
Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado.